Última actualización: 28 de outubro de 2026
Esta política explica que datos persoais tratamos en tiendalugo.es, para que e como podes exercer os teus dereitos, conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e á Lei orgánica 3/2018 (LOPDGDD). En TiendaLugo non se merca: por iso tratamos moi poucos datos, e ningún de pagamento.
1. Responsable
| Titular | ACHEGATEC S.L. (marca comercial Rekire) |
|---|---|
| NIF | B27340801 |
| Domicilio social | Rúa Galegos, nº 6, baixo — 27003 Lugo (España) |
| Rexistro Mercantil | Rexistro Mercantil de Lugo, tomo 360, libro 0, folio 214, folla LU-11216, inscrición 1.ª |
| Correo electrónico | info@tiendalugo.es |
| Teléfono | 982 048 282 |
Non temos delegado de protección de datos (non é obrigatorio no noso caso). Para calquera asunto de privacidade: info@tiendalugo.es.
2. Que datos tratamos
- Se creas unha conta: nome, apelidos, correo electrónico, contrasinal (cifrado) e os teus favoritos.
- Se nos escribes ou preguntas a unha tenda: o teu nome, o teu correo e o contido da mensaxe.
- Se te subscribes ao boletín: o teu correo.
- Se activas as notificacións: o identificador técnico de subscrición que xera o teu navegador.
- Ao navegar: enderezo IP e datos técnicos do navegador, nos rexistros do servidor e nas cookies técnicas.
Non pedimos datos de pagamento nin categorías especiais de datos. Se buscas preto de ti, a localización úsaa o teu navegador para centrar o mapa e non a gardamos.
3. Para que, con que base e canto tempo
| Finalidade | Base xurídica | Conservación |
|---|---|---|
| Xestionar a túa conta e os teus favoritos | Execución das condicións de uso (art. 6.1.b RXPD) | Mentres teñas a conta |
| Atender as túas mensaxes e facer chegar as túas preguntas ao comercio | A túa petición e consentimento (art. 6.1.a e b RXPD) | Un ano dende a última comunicación |
| Enviarche o boletín de novidades e ofertas de Lugo | Consentimento (art. 6.1.a RXPD) | Ata que te deas de baixa |
| Enviarche notificacións do navegador | Consentimento, que dás no teu navegador | Ata que as desactives |
| Medir de forma estatística o uso da web (Google Analytics) | Consentimento, no aviso de cookies (art. 6.1.a RXPD) | 14 meses |
| Seguridade do sitio e prevención de abusos | Interese lexítimo (art. 6.1.f RXPD) | Rexistros técnicos: ata 12 meses |
| Atender obrigas legais e reclamacións | Obriga legal (art. 6.1.c RXPD) | Ata que prescriban |
Non tomamos decisións automatizadas que che afecten nin elaboramos perfís comerciais.
4. Quen recibe os teus datos
Non vendemos nin cedemos os teus datos. Recíbenos só:
- O comercio ao que escribes ou preguntas, para responderche. Dende ese momento tamén é responsable de tratalos conforme á lei.
- Nicalia Internet S.L.U., que aloxa a web en España, como encargado do tratamento.
- Google Ireland Limited (Google Analytics), só se aceptas as cookies analíticas.
- O servizo de notificacións do teu navegador (Google, Mozilla, Apple ou Microsoft), só se activas as notificacións.
- As autoridades, xuíces e tribunais cando o esixa a lei.
Google pode tratar datos en Estados Unidos, ao abeiro do Marco de Privacidade de Datos UE-EE. UU.; calquera outra transferencia faríase coas garantías do capítulo V do RXPD.
5. Os teus dereitos
Podes pedir, de balde, o acceso aos teus datos, a súa rectificación ou supresión, a limitación do tratamento, a portabilidade e opoñerte ao tratamento, e retirar en calquera momento o consentimento que deses. Escribe a info@tiendalugo.es ou por correo postal ao noso domicilio, indicando que dereito queres exercer. Responderémosche nun mes como máximo.
Se cres que non atendemos ben a túa petición, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es, C/ Jorge Juan 6, 28001 Madrid).
6. Menores e seguridade
Os menores de 14 anos non poden darnos os seus datos sen o consentimento dos seus pais ou titores. Protexemos os datos con medidas técnicas e organizativas axeitadas, como o cifrado HTTPS e o control de acceso aos nosos sistemas.
As cookies explícanse na Política de cookies.