Última actualización: 28 de outubro de 2026
Estas condicións regulan o uso de TiendaLugo (tiendalugo.es), un servizo gratuíto de Achegatec S.L. (datos completos no Aviso legal).
1. O servizo
- TiendaLugo axúdache a atopar que comercio de Lugo ten un produto, a que prezo, onde está e se está aberto.
- Non vende, non cobra e non envía nada. Os produtos ofréceos cada comercio, que é o seu vendedor. TiendaLugo non intermedia en ningunha venda nin é parte nela: se mercas, reservas ou encargas algo, o contrato é só entre ti e o comercio.
- TiendaLugo é unicamente unha canle para ver os produtos das tendas de Lugo, contactar con elas e saber onde están.
- Usar TiendaLugo é gratis e non esixe rexistro.
2. Prezos, ofertas e dispoñibilidade
Os prezos inclúen o IVE e póñeos cada comercio, igual que as ofertas, a súa duración e a dispoñibilidade. Son informativos: o prezo que vale é o que che confirme a tenda. Se ves unha diferenza, cóntanolo e revisámolo co comercio.
3. Reservas, compras e garantías
Cando chamas ou escribes a unha tenda para que che garde un produto, acórdalo directamente con ela. A compra, o pagamento, as devolucións, a garantía e as reclamacións réxense polas condicións dese comercio e pola normativa de consumo; os teus dereitos como consumidor exercelos ante el. As follas de reclamacións están no propio establecemento.
4. A túa conta
Cunha conta podes gardar favoritos e facer preguntas ás tendas. Debes ter polo menos 14 anos, dar datos veraces e custodiar o teu contrasinal. Podes borrar a conta cando queiras dende «A miña conta» ou escribindo a info@tiendalugo.es.
5. Preguntas e opinións
O que escribes nas preguntas a unha tenda recibímolo e facémolo chegar a ese comercio para que che responda; a pregunta e a súa resposta poden publicarse na ficha do produto, sen o teu correo electrónico. Non se admiten contidos ilícitos, ofensivos, publicitarios ou con datos persoais de terceiros; podemos retiralos sen aviso.
6. Comercios
Os comercios que aparecen en TiendaLugo son establecementos de Lugo dados de alta por nós coa súa conformidade, que xestionan a súa propia ficha. Se tes un comercio e queres sumarte ou retirar a túa información, escríbenos a info@tiendalugo.es.
7. Cambios
Podemos modificar o servizo e estas condicións; a versión vixente é a publicada nesta páxina, coa súa data de actualización. Réxense pola lexislación española, coa xurisdición indicada no Aviso legal.