Buscas en liña, mercas no teu barrio

TiendaLugo xunta nun só sitio o que teñen os comercios de Lugo. Non vendemos nada nin cobramos nada: dicímosche quen o ten, a canto e onde, e ti decides.

1. Busca

Escribe o que precisas no buscador. Verás os produtos de todas as tendas e, no mapa, onde está cada unha.

2. Compara

Prezos, ofertas, horarios e se a tenda está aberta agora. Todo á vista, como en calquera tenda en liña.

3. Asegúrate

Queres ir sobre seguro? Chama ou escribe por WhatsApp á tenda dende a ficha do produto e gárdancho.

4. Pasa

Preme «Como chegar» e vai por el. Veso, próbalo e lévalo hoxe. Sen gastos de envío nin esperas.

Preguntas frecuentes

Podo mercar dende a web?

Non. A compra faina na tenda, co seu trato e as súas condicións. Así non hai envíos, nin devolucións por mensaxería, nin intermediarios.

Os prezos son os da tenda?

Si, pona cada comercio. Se ves unha diferenza, manda o prezo do mostrador.

Teño que rexistrarme?

Non fai falta. Cunha conta podes gardar os teus favoritos e facer preguntas ás tendas.

Escríbenos

Cargando...
Back to top